Yolanda Castaño

Ficha na AELG
Facebook
Wikipedia
Directora do Obradoiro de tradución poética na Illa de San Simón, do ciclo Poetas di(n)versos e do Ponte Poética

Que non morran as batallas que me sentan tan ben.
Decido se traducirás os meus acenos profundos,
se encolaremos os nosos nocellos, decido a nosa voráxine.
Ti queres que te aperte forte
e xa sabes ónde está o teu sitio.
Falándonos das arborescencias que aniñan detrás dos abrazos.

O teu fráxil van xemelgo e inimigo,
e sentiámonos case como se anovasemos os nosos membros.
Queres que te aperte forte,
pides que me deixe facer cousas,
decido se visitarás
a fame violenta do meu corpo.

O intraxuste fero e único.
A miña capacidade de ornamentación.
Mentres escribimos as páxinas máis bárbaras para que ocupes
o teu sitio que está
entre o chan e o meu ventre.

(de Vivimos no ciclo das Erofanías. Espiral Maior, 1998)

One thought on “Yolanda Castaño

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s