Irene Fernández

Quero evaporarme no val máis afastado, cos pómulos tinxidos desta marea negra. Secalo nas augas máis transparentes. Sementar paz e irmandade no asfalto.

Camiñar descalza para sentir a modestia das terras que me acollen, e non as teses máis cínicas do asoballamento.

Ondear bandeiras tan brancas que caduquen o sangue corrupto. Ser coello de indias do azucre renovado. Ese que nos faltou e que agora degustaremos.

Contigo.

Irene Fernández naceu na Pobra do Caramiñal no 1993. Desde que ten memoria, a súa vocación é a palabra. Colaborou en varias antoloxías poéticas como Alén do silencio ou Mesturas, así como en dous libros homenaxe: un a Rosalía de Castro e outro a Manuel María.  Tamén participou en diversos encontros poéticos ao longo de toda Galicia.
Comprometida coas causas sociais, recitou en eventos contra a crise dos refuxiados e a violencia de xénero, facendo énfase no empoderamento feminino.
Actualmente está a rematar o dobre grao en Filoloxía Inglesa e Francesa na USC.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s