O proxecto TANXEDORAS xorde en Vigo no ano 2003 promovido por un grupo de cantareiras que, tras formar parte de diversas agrupacións folclóricas, xuntáronse para traballar arredor dunha idea común: a recuperación do legado musical de Galicia.
A formación inicial do grupo constaba de 5 membros, e dende o ano 2017 continúa a súa andaina a cargo de 3 das fundadoras iniciais: Leni Pérez, Margó Gayoso e María Silva.
Para este concerto contan coa colaboración do recoñecido acordeonista Roberto Comesaña.
Chegan ó Poemagosto co seu 3º traballo discográfico, “1952”, que leva por subtítulo “Homenaxe a Alan Lomax”.
TANXEDORAS non son un grupo de música tradicional sen máis; cantan o de sempre, pero dende unha marca de seu. “Cando cantamos música tradicional, facemos inventario do que somos, do que fomos e do que queremos ser”.
TANXEDORAS emprega nas súas actuacións os instrumentos característicos da percusión galega: pandeireta, pandeiro e pandeira, así como os chamados “instrumentos pobres” (tixolas, legóns, culleres, cunchas), ademais de gaita e acordeón.
Estas mulleres galegas soben ao escenario sabedoras de que atesouran, como bagaxe sagrada dentro das súas gorxas, as músicas todas da tradición galega.
Entrada + camiseta Poemagosto: https://bencomun.gal/product/entrada-concerto-tanxedoras-poemagosto-camiseta/
Entrada soa:
https://bencomun.gal/product/entrada-concerto-tanxedoras-no-poemagosto/
Tamén podes mercar as entradas presencialmente en:
BenComún Espazo (Torre Lombarda, 1. Allariz)
Punto e Coma (Rúa da Paz, 15. Ourense)
SORTEO DISCO TANXEDORAS: Cada 50 entradas anticipadas vendidas sortearemos un disco (entre esas compras), e cada 25 entrada+camiseta vendidas, outro disco (entre esas compras).
Canto antes a compres, máis oportunidades de levar un disco de regalo!
Ata o 7 de outubro.