Bases do 3º Concurso de Poesía Recitada do Poemagosto 2019

IMPORTANTE: A día 30 de setembro quedaron cubertas as 10 prazas que estipulaban dende o comezo estas bases, polo que non se admiten máis inscricións. Se queredes enviar os teus datos, anotarémolos por se alguén se dese de baixa con tempo abondo para avisarvos.

Nota aclaratoria: Os dous anos anteriores chamaramos a este concurso ‘Combate Poético’. Pois que nunca foi a nosa pretensión xerar unha idea de competencia ou competitividade, senón un espazo onde poetas mostraren os seus versos ante o público, e -sobre todo- pois que na práctica sempre foi claramente iso, un concurso de poesía recitada -no que vota o público-, este ano decidimos mudar definitivamente o nome desta actividade polo de ‘Concurso de Poesía Recitada’.


Bases do Concurso de Poesía Recitada do Poemagosto, a celebrarse o domingo 13 de outubro de 2019 contra as 11:30h na Praza de Arriba (Allariz).

1. Poderá presentarse a este Concurso calquera persoa que recite textos da súa propia autoría e en galego. Establécese un límite de 10 participantes, que se irá cubrindo por orde de chegada das solicitudes.

2. O recitado de cada poema non poderá superar os 3 minutos. Superalos suporá a descualificación inmediata. O tempo comezará a contar no mesmo momento en que x participante, estando no escenario, comece a falar, sexa parte do poema ou non o que estea a dicir.

Unha persoa da organización ou de entre o público encargarase de cronometrar (aconséllase ás e ós participantes que comproben a duración do recitado dos seus poemas antes do Concurso).

3. Non se poderá: acompañar o recitado de música, nin usar elementos como disfraces ou accesorios para resaltar o recitado. Tampouco cantar ou bailar. O obxectivo é que os protagonistas absolutos sexan o poema e a voz que o recita, e que iso sexa o que o xurado valore. Si está permitido acompañarse do texto a recitar.
Incumplir esta norma suporá a descualificación inmediata.

4. O xurado estará composto por:

– 6 persoas de entre o público asistente ó Concurso escollidas ó azar, que valorarán cada participación dxs poetas cunha puntuación do 1 ó 10.

– 2 poetas/persoas relacionadas coa poesía, non participantes no Concurso e escollidxs pola organización, a modo de ‘voto de calidade’. Estas persoas votarán da mesma maneira que as 6 persoas do público e a puntuación sumarase a aquelas.

5. Haberá tres roldas de recitado. En cada unha delas recitarase un poema (ou varios, sempre que a lectura non supere os 3 minutos).

Da primeira rolda, na que participarán todxs xs poetas, pasarán a metade (5 se se completa o límite de 10); da segunda rolda pasarán 2, e da terceira rolda sairá a persoa vencedora do Concurso e a finalista.

6. Premios:
Vencedor/a: 100€ e lote de libros.
Finalista: Lote de libros.
Resto de participantes: Libro e detalle de agradecemento do Poemagosto.

7. A solicitude de participación deberá conter, obrigatoriamente:

– Nome e apelido(s)

– Nome “artístico” (opcional)

– Teléfono e correo-e de contacto

Esta solicitude deberá enviarse a través dunha destas dúas canles:

1- Mensaxe privada a través da páxina de Facebook do Poemagosto.
2- Correo electrónico a poemagosto@gmail.com

8. A participación supón a aceptación destas bases. A organización resérvase a potestade de dirimir calquera dúbida con respecto a este evento que puidese xurdir e non estivese suficientemente aclarada nestas bases.


Dúas imaxes do 1º Combate Poético do Poemagosto, a pasada edición.

Nuria Vil, gañadora do I Concurso de Poesía Recitada do Poemagosto 2017
Nuria Vil, gañadora do I Concurso de Poesía Recitada do Poemagosto 2017
Participantes do I Concurso de Poesía Recitada do Poemagosto 2017 agardando a súa quenda
Participantes do I Concurso de Poesía Recitada do Poemagosto 2017 agardando a súa quenda
Participantes do 2º Concurso de Poesía Recitada do Poemagosto 2018
Participantes do 2º Concurso de Poesía Recitada do Poemagosto 2018 (Gañadora: Antía Balvís, á dereita na foto)
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s