Programa VI Poemagosto 2019

[Descarga o PROGRAMA COMPLETO E DETALLADO AQUÍ ]

Venres 11 outubro · Tódalas actividades de balde no Café Bar Farruco – A Fábrica (Alameda).
[Colabora: Café Bar Farruco – A Fábrica]

  • 19:00h.
    • Poesía – Rosa Silverio (Rep. Dominicana) e Raúl de Tapia (Salamanca)
    • Poesía. Micro Aberto
  • 19:30h. Duende Circo. ‘Pallaso Total’. Espectáculo de clown, humor, malabares, maxia e música para tódolos públicos.
  • 23:00h.
    • Festa Inauguración VI Poemagosto
    • Poesía – María Lado (Galiza) e Lois Pérez (Galiza)
    • La Sincereza Pinchacumbias

Sábado 12 outubro · Tódalas actividades de balde agás o concerto de Habelas Hainas. Tódalas actividades no Patio do Museo do Coiro / Rest. Portovello agás o roteiro das 11:30h
[Colabora: Restaurante Portovello]

  • 12:00h. Lidia Nokonoko – Uvastruces e Laranxetas Actividade para a rapazada a partir do libro ‘Macedonia de Versos’ (Aira Editorial) dirixida por Lidia Nokonoko, ilustradora do libro.
    Despois de ver exemplos do libro, onde as froitas se transforman en tirolinas, parque de bólas, nenúfares, almofadóns ou vestidos, cada nen@ creará o seu propio caderno ilustrado con froitas transformadas en personaxes, obxectos, animais…
  • 13:00h. Proxecto Batefogo presenta ‘Árbores que non arden’ (Ed. Catro Ventos).
    Libro colectivo sobre a prevención de incendios e a xestión do monte e do territorio que incorpora o xénero como tema transversal ao estudo desta problemática en Galiza.
  • 13:30h. Poesía – Rui Spranger (Portugal), Mercedes Gómez Blesa (Segovia) e Dolors Miquel (Catalunya).

Menú do Xantar do VI Poemagosto

  • 17:00h. Charlas ‘Poesía e Filosofía’.
    Presenta e modera: Antonio Fernández Seoane ‘Seo’.

      • Mercedes Gómez Blesa (Segovia): ‘La razón poética de María Zambrano. Filosofía y poesía, dos formas de la palabra’.
      • Claudio Rodríguez Fer (Galiza): ‘De María Zambrano a Valente ou do imposible ao verdadeiro. Encontro da filósofa da razón poética e do poeta do pensamento límite á luz dos claroscuros de todos os exilios’.

     

  • 18:15h. Poesía. Colectivo Manuel (José García e Juan Antonio Marín)
  • 18:30h. Vera Cruz (Cabo Verde). Performance ‘Traficante de Palavras’.
  • 18:45h. Poesía. Micro Aberto
  • 19:00h. Xúa Pandereteiras
  • 19:15h. POESÍA

Lucía Aldao, Lois Pérez, Mercedes Gómez Blesa, Rui Spranger, María Lado

INTERMEDIO: Xúa Pandereteiras

Vera Cruz, Rosa Silverio, Raúl de Tapia, Montserrat Villar, Dolors Miquel

 

Lembra que mercando a entrada anticipada non só estás pagando a entrada ó concerto, senón que estás colaborando co resto de actividades do Poemagosto, todas elas gratuítas. Grazas!

PREZO ENTRADAS ANTICIPADAS

5€  (entrada)  /  10€ (entrada + camiseta do Poemagosto; talles e cores: ata esgotar existencias)  (Prezo ata o 30 de setembro incl.)
6€  (entrada)  /  12€
(entrada + camiseta do Poemagosto; talles e cores: ata esgotar existencias) (Prezo ata o 11 de outubro incl.)

PREZO ENTRADA O DÍA DO CONCERTO (12 de outubro) Ese día só á venda no posto habilitado no lugar do concerto, no patio do Museo do Coiro.
7€ (entrada)  /  12€(entrada + camiseta do Poemagosto; talles e cores: ata esgotar existencias).

POSTOS DE VENDA DE ENTRADAS ANTICIPADAS (ata o 10 de outubro incl.)

– Na web: www.bencomun.gal/poemagosto
Presencialmente (ata o 10 de outubro incl.) en:

    • BenComún Espazo (Torre Lombarda, 1 Allariz) de luns a venres de 9h a 14h e de 16h a 18h
    • Punto e Coma (Rúa da Paz, 15 Ourense) de luns a venres de 11h a 14h e de 17h a 20:30h e sábados de 11h a 14h.
  • 00:00h. BRIGADA SOUND – SAPOCONCHO SEM PONCHO  – A Festa continúa!
    BALKAN · CUMBIA · ELECTROFOLKLORE · TROPICAL BASS

    Entrada libre ó remate do concerto de Habelas Hainas. Servizo de Bar.

Domingo 13 outubro · Tódalas actividades na Praza de Arriba (Concello) e Praza de Abaixo
[Colaboran: Vinoteca A Micalla, O Pepiño, Casa Pepiña, Casa Fandiño, Bar Plaza e Bule Bule]

    • 12:30h Contada con Uxía Morán (público infantil e familiar)

    • 12:45h Actuación de Ukelerria polos bares das prazas.
    • 13:15h. Poesía: Montserrat Villar Lucía Aldao (Galiza)