VII Poemagosto 2020

CARTEL - VII POEMAGOSTOO VII Poemagosto – Festival Internacional de Poesía en Allariz celebrarase o sábado 10 de outubro, nunha única xornada e dividido en tres actos:

  • 12:00h –ACTO POÉTICO – MUSICAL coas lecturas de poesía dxs 8 poetas participantes e a actuación do grupo Son Trío.
  • 18:00h – ACTO POÉTICO – MUSICAL coas lecturas de poesía dxs 8 poetas participantes e a actuación do grupo Terra Morena.
  • 20:30h – CONCERTO con Xosé Luís Rivas ‘Mini’ e Trilitrate.

POETAS: Moncho Iglesias Míguez, Charo Lopes, Antón Reixa, Baldo Ramos e Andrea Nunes Brións (Galiza), Sofía Castañón (Asturies), Raquel Lima (Portugal) e Abdul Hadi Sadoun (Irak).

  • O lugar de celebración será este ano a explanada ó aire libre, no interior do recinto do Festival Internacional de Xardíns. En caso de choiva, será na parte cuberta do patio do Museo do Coiro. Será obrigatorio e inescusable o uso de máscara durante a celebración dos actos, así como permanecer no asento asignado. Non estará permitido fumar no recinto das actividades.
  • A capacidade de público para cada un dos actos será limitada (100 persoas), e para acceder será obrigatoria a reserva previa de praza para cada persoa.
  • Podedes FACER A RESERVA a través do formulario que atoparás aquí abaixo, ou ben escribindo un correo-e a poemagosto@gmail.com indicando os seguintes datos obrigatorios:
    – Nome e apelidos.
    – Teléfono de contacto (por protocolo de rastrexabilidade)
    Indicar claramente a cal ou cales dos tres actos se desexa asistir. Pregámosvos que reservedes unicamente para os actos ós que esteades segurxs que ides poder asistir.
  • A entrada ós actos é gratuíta, pero tendes a opción de reservardes a ENTRADA SOLIDARIA por 5€, que inclúe unha camiseta do Poemagosto (a recoller e pagar á entrada, no posto de libros; ata esgotar existencias). Podedes ver as cores e tallas que nos quedan nesta páxina web.

Haberá un único posto no recinto, con libros de poesía dxs poetas participantes e outros, xestionado polas librarías Airadasletras (Allariz) e Traga-Mundos (Vila Real), patrocinadora e colaboradora do festival respectivamente, que contará coas medidas sanitarias e de seguridade (xel hidroalcólico, paso de único sentido, valos de separación…).

O Poemagosto prega ás persoas asistentes o máximo esforzo, responsabilidade e colaboración para observarmos e mantermos, entre todxs, as medidas sanitarias e de seguridade vixentes (distancias de seguridade, máscaras, uso de xel hidroalcólico, etc.).

A Cultura é Segura … pero éo porque entre todos facemos o sexa, non porque substantivo e adxectivo rimen!

FORMULARIO DE RESERVA DE PRAZAS PARA OS ACTOS (entrada gratuíta con opción voluntaria de Entrada Solidaria 5€)
(se por algunha razón non che funciona o envío a través deste formulario, envía un correo a poemagosto@gmail.com indicando claramente estes mesmos datos)